Actual

28º Curso "Tamara Brooks" (2017)

Dirección, Canto e Téc.Vocal, Coro e Orquestra

Dirección

Este curso está estruturado en 3 niveis de dificultade progresiva máis un nivel adicional en formato master-class, deseñados para ser realizados aproximadamente cada un durante 2 anos.

Ademais dun pequeno obradoiro sobre expresión corporal e un Seminario opcional sobre coros infantís e xuvenís, as actividades inclúen sesións teórico-prácticas sobre fundamentos de técnica vocal e dirección ademais de técnicas de ensaio complementadas con análise e interpretación dun repertorio para coro (a-cappella e con piano) que, na parte final do curso, será desenvolvido nun Obradoiro especial coa participación dunha Orquestra de estudantes baixo a dirección dos profesores e alumnos máis avanzados.

O horario de todas as actividades será compatible co curso de Canto e Técnica vocal, sendo posible e aconsellable realizar ambos os dous cursos para un aproveitamento máis completo.

Datas e horarios

2* al 7** Agosto
10:00 a 14:00
17:00 a 21:00

(*) Día 2: recital de apertura (profesores) / Día 7: concerto de alumnos.

(**) O curso continúa cun día de clases colectivas e audición de alumnos de canto (8), seminario de coros infantís (9), ensaios (10 e 11) e concertos (12, 13 e 14) do coro/obradoiro especial con orquestra.

Niveis e prezos

  1. Iniciación (sen experiencia).- Prácticas limitadas
  2. Intermedio A e B (certa experiencia)
  3. Avanzado (ampla experiencia)
  4. Especial.- Prácticas con coro/orquestra

Iniciación e oíntes: 95,00 € Activos (II e III): 150,00 €
Especial: +130,00 € *

Descontos:
- 10% participantes no Coro/Obradoiro especial
- 50% membros da Oquestra, Conservatorio de Tui e directores das formacións colaboradoras

(*) Os alumnos interesados en realizar o nivel Especial débense inscribir no grupo Avanzado (III) solicitando dita opción na súa reserva e matrícula; os profesores evaluarán a súa admisión definitiva durante os primeiros días do curso.


Contidos

  • Obradoiro de expresión corporal
  • Análise e estudo das partituras
  • Comunicación xestual
  • Comprensión e educación auditiva
  • Afinación e son coral
  • Coro Piloto (prácticas)
  • Canto común
  • Concerto de alumnos
  • Seminario coros infantís/xuvenís
  • Coros convidados
  • Obradoiro especial e concertos de clausura

As sesións prácticas con coro ou orquesta serán gravadas en vídeo para unha posterior análise persoal.

Repertorio

Complemento

Durante o curso estarán dispoñibles aulas de estudo con piano. Todos os alumnos poden completar as actividades con clases de Cabto e Téc.Vocal, grupos de cámara e a participación no Seminario sobre voces novas e o Coro/Obradoiro especial.


Colaboran

  • concellotui 160
    Concello Tui
  • amigos catedral tui 160
    Amigos Cat.
  • catedraltui 160
    Catedral Tui
  • consertui 160
    Cons. Mús. Tui
  • concelloponteareas 160
    Conc. Ponteareas
  • trisquel medulio 160
    Trisquel
  • csmvigo 160
    CSM Vigo
  • agic 160
    AGIC
  • radiogalega 160
    R. Galega
  • galemusica 160
    Galemúsica