Actual

28º Curso "Tamara Brooks" (2017)

Dirección, Canto e Téc.Vocal, Coro e Orquestra

  • Home
  • Curso
  • Canto e T.Vocal

Canto e Técnica Vocal

O curso está estruturado en 2 modalidades (canto e técnica vocal) deseñadas segundo a base e experiencia previas de cada alumno.

Entre as actividades inclúense un pequeno obradoiro de expresión corporal ademais das clases individuais ou en grupos reducidos (segundo modalidade) sobre fundamentos e interpretación con acompañamento de piano (alumnos avanzados). Todos os horarios serán compatibles co curso de Dirección e Coro Piloto (combinando todas as actividades) interpretando un repertorio para coro (a-cappella e con piano) que, na parte final do curso, será desenvolvido nun Obradoiro especial coa participación de solistas e Orquestra baixo a dirección dos profesores e alumnos de dirección máis avanzados.

Como complemento, ofrécese un Seminario sobre voces infantís e xuvenís.

Datas e horarios

2* al 8** Agosto
10:00 a 14:00
15:00 a 21:00
Segundo modalidade e horas solicitadas

(*) Día 2: recital de apertura (profesores) / Día 8: concerto de alumnos.

(**) O curso continúa cun seminario (9), ensaios (10 e 11) e concertos (12, 13 e 14) do coro/obradoiro especial con solistas e orquestra.

Modalidades e prezos

  1. T.Vocal Grupo iniciación (pouca experiencia)
  2. T.Vocal Individual intermedio
  3. Canto Individual con piano (experiencia)

a) 65,00 € (inc. 3 clases)
b) 55,00 € (1 h.) | 85,00 € (2 h.) | 110,00 € (3 horas)
c) 85,00 € (1 h.) / 145,00 € (2 h.) / 200,00 € (3 horas)

Desconto:
- 10% participantes no Coro/Obradoiro especial

Como opción nas disciplinas individuais, será posible solicitar unha sesión de outra modalidade. É dicir, en T.Vocal unha clase de canto (c/pianista) e en Canto unha previa de técnica vocal.

Desenvolvemento

Cada alumno, ademais do seu horario e distribución das clases segundo a modalidade solicitada, poderá asistir como oínte ás clases do resto de alumnos. Os profesores dedicarán un seguimento individual organizando e distribuindo diariamente tarefas e obxetivos de acordo ao nivel e experiencia.

Audición de alumnos e concertos clausura como mostra do traballo realizado.

Complemento

Durante o curso estarán dispoñibles aulas de estudo con piano. Todos os alumnos poden completar as actividades con clases de Dirección e a participación no Coro/Obradoiro especial.


Colaboran

  • concellotui 160
    Concello Tui
  • amigos catedral tui 160
    Amigos Cat.
  • catedraltui 160
    Catedral Tui
  • consertui 160
    Cons. Mús. Tui
  • concelloponteareas 160
    Conc. Ponteareas
  • trisquel medulio 160
    Trisquel
  • csmvigo 160
    CSM Vigo
  • agic 160
    AGIC
  • radiogalega 160
    R. Galega
  • galemusica 160
    Galemúsica