• Home
  • Staff
  • Fernando Briones

Fernando Briones

fernando

Estudou guitarra no Cons. Sup. de Mús. de A Coruña e posteriormente composición, piano e dirección na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC). Formou parte do proxecto coral da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) dende o seu inicio e actualmente é director titular da Orquestra e Coro Gaos (A Coruña) dende a súa fundación (2009) que compaxina como profesor de Dirección no Cons. Sup. de Música de A Coruña e pianista repertorista do barítono Borja Quiza.

Coa Orquestra Gaos acompañou a un gran número de solistas (Cristina Gallardo-Dômas, Ainhoa Arteta, Borja Quiza, Celso Albelo, Mariola Cantarero, Juan Jesús Rodríguez e Francisco Corujo). Co Coro Gaos recibiu o 1º Premio no concurso "Antonio José" de Burgos (2014) e o 2ª Premio no "Villa de Avilés" (2015). En 2014 dirixe a estrea mundial de dúas obras do compositor Simón García no marco do Festival Internacional BASS2014 celebrado en Amsterdam. Dirixe a Taipei Philharmonic Orchestra e a Taipei Chinese Orchestra, no marco do 2015 TCO International Conducting Competition celebrado en Taipei (Taiwan). En 2016 é convidado pola Orquestra Filharmónica de Pontevedra a dirixir o seu tradicional Concerto de Ano Novo.