Julio Domínguez

julio

Mantén os seus primeiros contactos coa música aos 5 anos como cantor do coro infantil do seu colexio (Dir.: Ángel Viro-Caamaño). Estuda posteriormente nos conservatorios Profesional de Mús. de Santiago de Compostela e Superior de Vigo. Logo dunha etapa autodidacta, iníciase na dirección da man dos mestres Manel Cabero e Javier Busto, percorrendo diferentes países traballando e asistindo a numerosos cursos e seminarios cos máis prestixiosos directores a nivel internacional, especialmente co sueco Eric Ericson e la norteamericana Tamara Brooks.

En 1990 funda en Galicia o coro CAMERATA AD LIBITUM ofrecendo máis de 400 concertos nos principais ciclos e festivais de música, interpretando principalmente programas a-cappella de todas as épocas e estilos, especialmente de compositores contemporáneos incluíndo numerosos encargos e estreas. Tras ter recibido diferentes primeiros premios nos concursos nacionais máis coñecidos, no ano 2002 obtén o GRAN PREMIO NACIONAL de Canto Coral (galardón máis prestixioso a nivel nacional). Como director convidado, desenvolveu programas especialmente deseñados para coros xuvenís ao fronte de agrupacións como o Coro Novo COACE (Confederación Coral Española), Federación Flamenca de Coros (Bélxica), Universidade dos Andes (Venezuela), Universidade de Burgos e Joven Coro de Andalucía (JCA), ademais de impartir habitualmente cursos e obradoiros con agrupacións e entidades profesionais tanto a nivel nacional (Coro Nacional de España e de RTVE) como internacional (Portugal, Italia, Bélxica, Venezuela e EE.UU.), ademais de formar parte de xurados e tribunais ou ser membro do equipo técnico da Federación Internacional para la Música Coral (IFCM).

En colaboración coa editorial Armonía Universal e o coro Capela Madrigalista de Ourense, realizou recentemente a recuperación e interpretación da “Misa a San Martiño” de José Quiroga (1780-1816) ao fronte da orquestra Camerata Bocherini (músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia OSG), posteriormente un programa baseado en textos de poetas galegos coa Banda Municipal de Ourense e, máis recentemente, sendos programas de música contemporánea e popular coa Orquestra Xoven Vigo-430 e o Quinteto Rubato.

Como compositor, ten recibido premios e mencións internacionais (España, Francia, Alemaña, Israel, Suecia, Noruega, Finlandia, Xapón, EE.UU e Canadá) e as súas obras edítanse e interpretan por todo o mundo, recibindo encargos e residencias cos máis prestixiosos coros aficionados e profesionais.