• Home
  • Staff
  • Rasa Jakutyte

Rasa Jakutyte-Biveiniene

rasa

Profesora e responsable do departamento de piano do Cons. Superior de Música de Vigo.

Natural de Kaunas (Lituania), comeza os seus estudios no Colexio Especial de Belas Artes. Traballa durante 12 anos con importantes mestres de piano terminando con Diploma de Honra e as máis altas distincións. Continúa o seus estudios na Academia Nacional de Música e Teatro (Vilnius) con O. Steinberg graduándose igualmente con Diploma de Honra como Solista, Música de Cámara, Repertorista de Canto e Pianista Acompañante ao mesmo tempo que perfecciona os seus estudios visitando outros conservatorios de Europa e as carreiras de Filosofía e Belas Artes na Universidade Público de Lituania. Nos seus innumerables recitais como solista, pianista acompañante e membro de agrupacións de cámara, actúa nos principais auditorios de Rusia, Holanda, Lituania, Polonia, España, Grecia, Alemaña, Portugal, Francia e República Checa. O seu repertorio abarca os xéneros e estilos máis representativos da música dende o Barroco ata a música do século XXI. Foi galardoada polo Ministerio de Cultura de Lituania pola súa traxectoria musical e nomeada "Galega Distinguida" no ano 2011 pola súa labor pedagóxica. Actualmente, ademais de ter sido directora artística de varios festivais de música en Galicia e participar como poñente en congresos metodolóxicos e pedagóxicos, forma parte do xurado de concursos nacionais e internacionais, imparte master-clases en varios conservatorios de Europa e exerce como profesora e responsable do departamento de piano no Cons. Superior de Música de Vigo.