Fernando Malvar-Ruiz

fernandom

Director Artístico do coro infantil 'American Boychoir', comezou os seus estudos musicais á idade de 10 anos cursando posteriormente piano e teoría musical no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, completando a súa certificación Kodály en Kécskemet (Hungría) onde obtivo a prestixiosa beca Sharolo Kodály. Tamén cursou un máster en Dirección Coral na Universidade Estatal de Ohio (EE.UU.) e completou o seu traballo de doctorado en arte musical na Universidade de Illinois (EE.UU.).

Amplamente solicitado a nivel internacional como director convidado, conferencista e orador, é recoñecido como un experto na voz masculina adolescente. Uniuse á escola do 'American Boychoir' como director asociado no ano 2000 e foi nomeado director musical en 2004. Cada ano dirixe co 'American Boychoir' máis de cen concertos con xiras por todo o mundo. Foi director artístico e director convidado do World Children's Choir Festival 2005 en Hong Kong e do PICFEST 2015 en Eugene (EE.UU.). Dirixiu coros honoríficos nas convencións nacionais e rexionais da Asociación Americana de Directores de Coro (ACDA) e nas convencións nacionais da Organización Americana de Educadores Kodály.